Tema 11: O mundo clásico II - Roma
1. Cronoloxía
1.3. O Imperio
| No ano 27 a.C. Octavio Augusto asumía todo o poder en Roma, sendo proclamado emperador. Desta maneira, xurdiu o Imperio, que perdurou até o 476 d.C. Os poderes do emperador eran amplísimos:
As terras conquistadas foron romanizándose e o clima de seguridade permitiu un gran desenvolvemento de todas as actividades económicas, en especial o comercio. Os dominios de Roma seguiron aumentando coa conquista do resto da Península Ibérica, de Britania, Dacia, Anatolia, Mauritania... acadándose co emperador Traxano a súa máxima extensión. Para unha mellor administración de tan vasto territorio, dividiuse o Imperio en Provincias. Roma medrou con grandes obras públicas ata acadar o millón de habitantes. No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a todos os habitantes libres das distintas provincias do imperio. A CRISE DO IMPERIONo século III o Imperio Romano entrou nunha profunda crise provocada por diversos factores:- O debilitamento da autoridade imperial en favor do poder dos xenerais dos exércitos. Isto provocou frecuentes conflitos e unha continua sucesión de emperadores: entre os anos 235 e 268 sucedéronse 30 emperadores. - As fronteiras fixéronse inseguras ante os ataques dos pobos xermánicos que os romanos chamaban bárbaros (termo que significa estranxeiro). - Ao non haber máis conquistas territoriais, diminuíu a man de obra escrava polo que tamén descendeu a produción agrícola e mineira. Os prezos subiron. - Ao aumentar a inseguridade, descendeu o comercio e con el a produción artesanal. Moita xente marchou cara o campo e as cidades empezáronse a despoboar. O empobrecemento da poboación provocará revoltas sociais. Para buscar unha solución, o emperador Teodosio pensou que sería máis sinxelo o goberno do imperio se o dividía en dous: Oriente, tamén chamado Imperio Bizantino, e Occidente (ver mapa). |
![]() ![]() ![]() |


