ORIXESNo século VIII a.C. a Península italiana estaba habitada por diversos pobos entre os que destacaban:
- Os Etruscos en Etruria, ao norte.
- Os Latinos no Lazio, no centro.
- Os Gregos na Magna Grecia, ao sur.
Precisamente, foi na rexión do Lazio, á beira do río Tíber, onde no século VIII a.C. naceu a cidade de Roma. Segundo a lenda, a cidade foi fundada en 753 a.C. por Rómulo e Remo.
Podes ollar este vídeo de 2' onde se conta moi brevemente o mito da fundación de Roma con Rómulo e Remo como protagonistas.
ETAPASA Historia de Roma divídese en tres etapas:
- Monarquía (753 a.C.- 509 a.C.)
- República (509 a.C. - 27 a.C.)
- Imperio (27 a.C. - 476 d.C.)
|


|