Tema 8: O mundo clásico I. Grecia

5. Cultura e arte gregas.

5.2. Arte. Arquitectura.


A arte grega recolle plenamente a máxima do filósofo Protágoras O home é a medida de todas as cousas. Rompe co colosalismo oriental e busca unha linguaxe, tanto na arquitectura como na escultura e na pintura, á medida do ser humano.


  • Arquitectura:

· A arquitectura grega é arquitrabada (alintelada), o que significa que se basea en liñas verticais e horizontais, sen arcos nin bóvedas. Así, os elementos principais dos edificios serán as columnas.

· O material predominante será o mármore policromado.

· A busca da harmonía fará que se desenvolvan as chamadas ordes arquitectónicas, entendidas como modelos de distribuír os elementos arquitectónicos nun edificio: dórica, xónica e corintia.


· As principais edificacións gregas foron os templos, entendidos como morada do deus (o culto celebrábase en altares exteriores) e concebidos arquitectonicamente para ser vistos, feito que supoñía outorgar unha especial atención ao punto de vista do espectador mediante recursos como a éntase (suave engrosamento do fuste das columnas na parte central para que semellasen rectas ao ollo e non con certa concavidade).

O Partenón

Estilos clásicos
flFai clic no icono para ver unha animación sobre a arquitectura grega.