Tema 8: O mundo clásico I. Grecia

5. Cultura e arte gregas.

5.3. Arte. Escultura.


  • Escultura:

A escultura grega, marcada tamén polo antropocentrismo que caracteriza a toda a arte e cultura gregas, terá como principal motivo a representación da figura humana mediante temas relixiosos e retratos. Os tres grandes obxectivos dos escultores gregos serán lograr transmitir nas súas obras beleza, volume e movemento.

A maior parte da escultura grega era realizada en bronce, co que os mármores que conservamos son copias de época romana.

Podemos sinalar tres etapas dentro da escultura grega.

1.- Época arcaica (séculos VIII - VI a. C.): destacan as figuras do kouros masculino e da koré femenina, ambos caracterizados por certo estatismo e rixidez expresiva.


2.- Época clásica (séculos V e IV a. C.): acádanse os ideais de beleza, volume e movemento mediante autores como Policleto, Fidias ou Mirón, que artellan obras de grande serenidade e equilibrio.


3.- Época helenística (séculos III - I a. C.): sen perder a grande capacidade técnica anterior, as obras ínzanse de dramatismo e de tensión, tanto nas composicións coma nos temas escollidos.

Laocoonte e os seus fillos

Kouros
O Doríforo
flFai clic no icono para ver unha animación sobre a escultura grega.