Tema 8: O mundo clásico I. Grecia

4. Economía e sociedade gregas.


  • Economía.

· A agricultura, sobre uns solos escasos pola orografía do territorio e pouco fértiles. Os principais produtos eran os cereais, a vide e a oliveira.

· A artesanía, localizada nas polis e baseada na cerámica, tecidos, metais…

· O comercio, actividade de gran presenza en polis coma Atenas, e que explica a colonización grega do mediterráneo e as relacións entre a colonia (territorio colonizado) e a metrópole (polis que coloniza).




  • Sociedade.

A sociedade grega era unha sociedade escravista na que os escravos constituían unha parte fundamental da man de obra das actividades económicas. Á escravitude chegábase por derrota militar ou por débedas.

Con respecto ao grupo das persoas libres, había unha clara separación entre os cidadáns, que tiñan plenos dereitos nas polis e os estranxeiros, que non gozaban desa plenitude de dereitos, tal e como vimos no caso dos metecos atenienses.

Parellamente a esta separación entre cidadáns e non cidadáns por motivos de dereitos, existía unha diferenciación económica dentro de cada un deses grupos, e así temos aristócratas terratenentes, artesáns, comerciantes, agricultores…


No que respecta á situación da muller, esta era dunha total supeditación ao home, posto que pasaba de estar baixo a tutela do pai a estar baixo a tutela do marido. Carecía ademais de dereitos políticos e non era considerada cidadá en ningún caso, co que na maior parte dos casos a súa vida estaba reducida ao ámbito doméstico.


Colonias no Mediterráneo


Sociedade grega