Tema 6: A Prehistoria: do Paleolítico ao Neolítico

5. A Prehistoria na Península Ibérica

Xa sabes que os primeiros homínidos apareceron en África fai uns catro millóns de anos, pero non chegaron a Europa até hai aproximadamente un millón e medio. A Península Ibérica foi un dos lugares que máis cedo se poboou, sobre todo a zona de Andalucía oriental. Ademais, precisamente no noso país foron descubertos, na serra de Atapuerca, do Homo Antecessor, que posiblemente sexa o pai dos homes actuais. Hai que dicir que, xa naquel entón, as zonas costeiras estaban máis poboadas co interior, estando este, practicamente baleiro. Destaca, na última etapa do Paleolítico, a presenza na cornixa Cantábrica do Homo Sapiens Sapiens onde deixaron multitude de restos e importantísimas pinturas como as das covas de Altamira.

É probable que os adiantos do Neolítico (agricultura, gandaría, cerámica, tecidos...) viñesen de pobos procedentes do Mediterráneo oriental. Estendeuse sobre todo polo Levante e por Andalucía oriental, mentres que o interior seguiu sendo unha zona escasamente poboada e atrasada. Entre os restos que nos deixaron, destacan as chamadas Pinturas Levantinas.

Detectouse que, hai uns 5000 anos, traballábase con cobre (destaca entre todos o poboado dos Millares). Afacían construír poboados amurallados con distintas dependencias: casas, talleres de forxa, almacéns e templos, e tamén coñecían as técnicas de regadío. Todo fainos pensar que aquela sociedade era cada vez máis complexa, con distintos oficios e ocupacións aínda que aínda con moi poucas diferenzas de riqueza. De feito, toda a poboación enterrábase xunta nun gran sepulcro colectivo chamado tholos. Mentres isto sucedía, no oeste apareceu un cultura que construíu numerosos monumentos megalíticos (menhires e sobre todo dolmens) do que aínda sabemos poucas cousas. O interior peninsular, a Meseta, non chegou a ter unha poboación importante até as idades do Bronce e do Ferro.

Recreación do POboado de Millares

No I milenio a.C. chegaron á Península pobos procedentes do Mediterráneo (gregos, fenicios, cartaxineses) e do interior de Europa (celtas) que trouxeron grandes adiantos. Formouse unha civilización lendaria no val do Guadalquivir, os Tartessos, que aínda hoxe se atopa a medio camiño entre a historia e a lenda.

En definitiva, pouco antes da chegada dos romanos, a Península era xa, como o é hoxe, unha terra de grandes contrastes rexionais: en toda a costa mediterránea habitaban os iberos, un pobo moi influído pola cultura grega e fenicia e por tanto moi adiantado. Nesta mesma zona, os gregos (en Cataluña) e os fenicios primeiro e os cartaxineses despois (en Andalucía) fundaron numerosas colonias.

A Península Ibérica no ano 300 a.C. Pola contra, o norte e o interior peninsular eran terras moito máis pobres, e atrasados. A escasa poboación de orixe celta organizábase en tribos e vivía en pequenos poboados fortificados no alto dos outeiros, dedicándose principalmente ao pastoreo e á recolección, principalmente, de landras. A Prehistoria na Península Ibérica
A Prehistoria na Península IbéricaPodes ver este vídeo (7') que fai un repaso á Prehistoria na Península Ibérica