Tema 4. O ser humano e o medio.
2. Os riscos.
2.4. Riscos antrópicos. A contaminación dos solos.
Os solos son estruturas moi complexas e imprescindibles para satisfacer as necesidades humanas de alimentos a través da agricultura. A acción humana altera os solos de distintos xeitos:
· Contaminantes do solo: En paralelo á contaminación da auga (choiva ácida, augas residuais, verquidos industriais e agropecuarios) os solos vense moi alterados polas actividades humanas.
· Salinización dos solos: Os solos poden ver incrementados os seus niveis de salinidade debido ao uso de augas non depuradas ou á mala xestión da auga doce, feito que incide negativamente na súa fertilidade.
| · Desertificación: A desertificación consiste no deterioro extremo do solo fértil ata chegar a un punto no que se converte en solo desértico, sen capacidade de recuperación. A desertización pode deberse a procesos naturais asociados cos climas, pero tamén pode ter unha causas antrópicas tales como a sobreexplotación de acuíferos, a mala xestión das explotacións agrícolas, a deforestación ou os incendios forestais. |
![]() |
