Tema 4. O ser humano e o medio.

2. Os riscos.

2.3. Riscos antrópicos. A contaminación atmosférica


Actividades humanas tanto no ámbito doméstico (sistemas de calefacción e refrixeración), como no industrial e dos transportes (queima de combustibles fósiles) supoñen unha contínua emisión á atmosfera de gases contaminantes, coma o dióxido de carbono ou o dióxido de xofre, que causan graves alteracións para as condicións de vida do planeta.

Entre os efectos da contaminación atmosférica podemos sinalar o efecto invernadoiro e a destrucción da capa de ozono.

O efecto invernadoiro consiste en que os gases emitidos á atmosfera fan que a radiación solar se intensifique, e polo tanto aumente a temperatura do planeta. Isto trae consigo consecuencias como a perda de biodiversidade, ou a suba do nivel do mar polo derretamento dos xeos.

A destrucción da capa de ozono, detectada no último terzo do século XX e motivada polos CFC presentes nos aerosoles e sistemas de refrixeración, supón a perda progresiva da capa que protexe aos seres vivos das radiacións ultravioletas do Sol, con efectos negativos para a saúde e as condicións de vida.

Furado na capa de ozono
flPulsa no icono para ver unha animación sobre o efecto invernadoiro.
flPulsa no icono para ver outra animación sobre o efecto invernadoiro.


Mapa das emisións de dióxido de carbono


flPulsa no icono para ver unha animación sobre o furado na capa de ozono.