Tema 4. O ser humano e o medio.

2. Os riscos.

2.2. Riscos antrópicos: A contaminación da auga


Os seres humanos empregamos a auga para consumo propio e para realizar numerosas actividades. En ocasións ese uso da auga ten como consecuencia a súa contaminación, que se podería definir como o resultado da acción humana que non permite que a auga poda ser empregada nin polos seres humanos nin polos demais seres vivos. Por outra banda debemos ter presente que, malia que o noso planeta está composto de tres partes de auga, esta é un ben escaso, xa que non toda a auga da Terra é apta para o consumo humano, como vemos no gráfico:

Podemos clasificar as actividades humanas que contaminan a auga en tres grandes grupos:

1.- Contaminación por uso doméstico: as actividades domésticas requiren o uso da auga: aseo persoal, limpeza, cociña… Como resultado desas actividades os fogares producen augas residuais que conteñen restos fecais e deterxentes que fan que a auga non sexa apta para o consumo e que poda supoñer un risco para a saude e a biodiversidade.

2.- Contaminación agrícola e gandeira: O uso de produtos químicos como abonos e pesticidas na agricultura e na gandería supoñen un importante axente contaminante, xa que os compoñentes tóxicos destes produtos entran no ciclo da auga e afectan aomedio ambiente.

3.- Contaminación industrial: As actividades industriais xeneran un forte impacto ambiental na auga ao contaminala con múltiples axentes tóxicos. Algunhas manifestacións desta realidade son a choiva ácida, os verquidos de chumbo, mercurio e outras substancias contaminantes, ou a contaminación asociada á obtención e transporte de petróleo.






Distribuicón da auga



Verquidos