Tema 4. O ser humano e o medio.
1. A relación entre o ser humano e o medio.
|
Os distintos medios naturais son os escenarios nos que o ser humano desenvolveu a súa historia, fornecéndoo dos recursos necesarios para a súa supervivencia e tamén para o desenvolvemento das grandes civilizacións. A dependencia que teñen os grupos humanos dos medios nos que viven é, deste xeito, indubidable. Parellamente o ser humano influíu desde sempre no medio natural mediante as súas actividades económicas, se ben a intensidade desta influenza tardou en acadar o enorme impacto que ten na actualidade. Así, nos últimos dous séculos, a revolución industrial e os seus efectos trouxeron consigo a acentuación do papel do ser humano como factor que modifica intensamente as condicións medioambientais dos espazos que habita. |
|