3.2: Os climas e as súas paisaxes

6. As paisaxes en Galicia

Galicia está encadrada dentro do que chamamos clima oceánico. En xeral, as temperaturas son suaves e as precipitacións abondosas durante todo ano, máis en inverno. Agora ben, debido á súa xeomorfoloxía, existen grandes contrastes.
  • O litoral
Aquí as temperaturas son máis suaves e as precipitacións son máis abondosas. Isto é debido aos ventos constantes que chegan do océano Atlántico.
A súa vexetación está composta por eucaliptos e piñeiros que desprazaron ao bosque natural no que predominaba o carballo e o castiñeiro.
En xeral a costa é a zona máis densamente poboada de Galicia, sobre todo as rías baixas.
Ría de Arousa
  • O interior.
Está formado principalmente por chairas ou mesetas que están delimitadas polas serras setentrionais, orientais e centro-occidentais. Isto fai que as precipitacións sexan menores e que haxa unha maior diferenza de temperaturas: os invernos son máis fríos e os veráns máis calorosos. Tamén hai que sinalar a influenza dos grandes ríos (Miño e Sil).
A vexetación natural desta zona quedou minguada como consecuencia da explotación agrícola e gandeira, predominando os pastos e campos de cultivo. Agora ben, aínda se poden atopar os típicos bosques de árbores caducifolias.
A Pastoriza
  • A montaña.
Os principais conxuntos montañosos de Galicia atópanse no leste das provincias de Lugo e Ourense, superando os 1.500 metros de altitude. Isto fai que os invernos sexan máis fríos e os veráns máis frescos e que as precipitacións sexan máis abondosas (chuvias orográficas), sendo en forma de neve en inverno.
En canto á vexetación, presenta a típica gradación: No fondo dos vales predominan as terras agrícolas, aparecen logo formacións de bosques caducifoloios (con aciñeiras, bidueiros, carballos, castiñeiros). Máis arriba as árbores dan paso aos toxos, xestas e uces que servían para a elaboración do estrume.
O Coruel
Temperaturas de Galicia