3.2: Os climas e as súas paisaxes
5. As paisaxes en España
Os climas en España presentan peculiaridades debido aos seguintes feitos:- A situación da península Ibérica, ao sudoeste de Europa e máis preto do Trópico de Cáncer ca do Círculo Polar Ártico.
- Rodeada de mares que traen un dominio dos ventos marítimos que suavizan as temperaturas e á súa vez xeran humidade.
- As mesetas centrais están rodeadas por sistemas montañosos que dificultan a chegada deses ventos marítimos ao seu interior.
- Unha elevada altitude media (660m) que inflúe, como vimos, nas temperaturas e nas precipitacións.
É un clima suave e húmido, o que favoreceu o desenvolvemento dos bosques caducifolios, se ben as actividades económicas alteraron fondamente estes conxuntos naturais. |
![]() |
As temperaturas son suaves en invernos e calorosas no verán. As precipitacións anuais son escasas, e concéntranse principalmente no outono e primavera, dándose episodios de chuvias torrenciais debido ao fenómeno coñecido como "gota fría". En canto a vexetación, destacan os bosques perennifolios (aciñeira, piñeiros...) e os sotobosques (maquis e garriga). |
![]() |
A vexetación natural máis abondosa é a estepa, pero como se trata dun terreo chan moi apto para a agricultura, foi transformada en zonas de cultivos de secaño e con gandaría extensiva. |
![]() |
Caracterízase por un descenso nas temperaturas e un aumento das precipitacións. A vexetación adoita situarse en pisos, de xeito que nos primeiros tramos das ladeiras poden aparecer coníferas (abetos) e conforme se ascende gañan protagonismo a matogueira e os pastos. |
|
As temperaturas son altas todo o ano (entre os 17º e os 25ºC), pero, debido á influenza do océano, en ningún momento son extremas. As precipitacións varían moito dunhas illas a outras. Así, nas illas máis orientais, influenciadas polos ventos secos do deserto africano, son moi escasas, chegando a ser un clima árido semidesértico. Con todo, nas illas occidentais, máis influenciadas polos ventos oceánicos, poden chegar aos 1.200 l/m² . Se a isto lle unimos o feito de que son illas montañosas, podemos entender que a súa vexetación teña un variado catálogo de especies autóctonas distribuídas en chanzos (dragos, palmeiras, laurisilva...), aínda que noutras zonas haxa estepa ou directamente desertos. |
![]() |




