3.2: Os climas e as súas paisaxes

4. Climas fríos

4.1. Clima polar

  • Localización
Sitúase nos casquetes polares.
     

Clima polar
  • Temperaturas
Son moi baixas. As medias de practicamente todos os meses sitúanse por baixo dos 0 ºC.
A amplitude térmica anual é grande.
  • Precipitacións
Son practicamente inexistentes. Son as rexións con menos precipitacións da Terra. Por suposto, as precipitacións son sempre en forma de neve e, ao non derreterse nunca, entra a formar parte dos glaciares.
     
Climograma polar
  • Vexetación
Ao redor dos grandes xeos do Ártico e do Antártico, nunha estreita franxa, atopamos a tundra, formación vexetal con liques, mofos e pequenas plantas herbáceas.
     
Tundra
  • Ríos
Evidentemente non hai ríos. O que atopamos son glaciares.
     
Glaciar
  • Ocupación humana
Hai moi poucos habitantes nestas zonas.
En Norteamérica os coñecidos esquimós; no norte de Escandinavia os lapóns.
Na Antártida soamente viven científicos e exploradores.