3.2: Os climas e as súas paisaxes

2. Climas cálidos

2.4. Clima desértico

  • Localización
Atópase en torno aos trópicos, xunto ás correntes mariñas frías ou en zonas continentais.
Clima desértico
  • Temperaturas
A súa temperatura media é elevada, superior aos 21ºC.
Ten unha amplitude térmica maior có tropical (superior aos 10ºC).
A outra característica distintiva deste clima é a súa gran oscilación térmica diaria: a alta insolación xunto a ausencia de humidade, fai que os días sexan moi calorosos e a noites frías.
  • Precipitacións
As choivas son moi escasas, case anecdóticas, non superan os 250 mm ao ano. Cando chove, faino en forma de tormentas. Todo o resto do ano é árido.
Climograma do clima desértico
  • Vexetación
Os desertos caracterízanse pola pouca vexetación: só se dan unhas poucas plantas capaces de resistir a sequidade (como por exemplo os cactos).
Nos oasis (ver imaxe) e nos uadis é onde se acumula máis vexetación.
Osis
  • Ríos
Evidentemente non hai ríos, senón uadis que son as canles secas por onde corre a auga cando hai unha tormenta.
Outra formación acuífera típica dos desertos que se forman con mananciais de augas subterráneas, son os oasis.
Uadi
  • Ocupación humana
Son lugares moi pouco poboados.Atopamos poboación nos oasis ou en grupos de pastores nómades que percorren os límites dos desertos con rabaños de cabras e os seus camelos.