3.2: Os climas e as súas paisaxes

2. Climas cálidos

2.3. Clima tropical seco

  • Localización
A medida que nos afastamos máis do Ecuador e penetramos nas zonas temperadas do interior dos continentes, as precipitacións fanse moito máis escasas.
É un clima de transición entre o tropical húmido e o clima desértico.
     
Clima tropical seco
  • Temperaturas
Son algo máis suaves en inverno e cálidas en verán. Aínda así a temperatura media supera os 18ºC.
Iso si, ten algo máis de amplitude térmica có ecuatorial e có tropical chuvioso.
  • Precipitacións
Seguen a ter unha estación seca (o "inverno") e outra húmida (o "verán"), pero a estación seca ten maior duración. As chuvias son moito máis escasas (aínda que superan os 250 l/m² non chegan aos 700).
Climograma do clima tropical seco
  • Vexetación
A sabana vai dando paso á estepa, unha formación vexetal con herbas baixas e matogueiras ben preparadas para afrontar a aridez (plantas xerófilas).
Sabana
  • Ríos
Son pouco caudalosos e irregulares, xa que tamén sofren crecidas e estiaxes.

  • Ocupación humana
Igual que no tropical chuvioso, hai pouca densidade de poboación. Os pobos viven ben dunha agricultura primitiva, ben do pastoreo.