|
A medida que nos afastamos do Ecuador, cara ao norte e ao sur, as precipitacións van diminuíndo, marcando dúas estacións: a seca e a húmida.
|
|
Son elevadas todo o ano, superiores aos 20ºC, e regulares, aínda que cunha maior amplitude térmica có ecuatorial.
As chuvias marcan as dúas estacións: a seca (no "inverno") e a húmida (no "verán"). A medida que nos afastamos do Ecuador, a estación seca faise máis longa. Acumúlanse máis de 1000 l/m².
|

|
A medida que nos afastamos do Ecuador, a selva vaise facendo menos mesta converténdose no bosque tropical, moi semellante á selva pero no que desapareceu o piso superior de grandes árbores. Nos esteiros dos ríos e na costa dánse os mangleiros, unhas árbores con raíces aéreas que soportan a salinidade do mar.
|

|
Evidentemente sofren grandes crecidas en verán e estiaxes en inverno. O río Nilo é un bo exemplo.
|
|
A pesares de que foi na sabana onde se desenvolveron os primeiros seres humanos, na actualidade ten moi pouca densidade de poboación. Os pobos indíxenas viven ben dunha agricultura primitiva, ben do pastoreo. Como o clima é bo para o cultivo de produtos que se consumen moito a nivel mundial (cacao, café, azucre...) moitas compañías multinacionais teñen grandes plantacións nestes lugares.
|
|