3.2: Os climas e as súas paisaxes

2. Climas cálidos

2.1. Clima ecuatorial

  • Localización
Dáse ao redor do Ecuador, entre a franxa de 5ºS ata os 10º N.
Clima ecuatorial
  • Temperaturas
Cálidas todo o ano. A temperatura media é superior aos 25ºC. A amplitude térmica é menor aos 3ºC.
  • Precipitacións
Son moi abondosas xa que, como hai moita evaporación, chove practicamente todos os días, acumulándose uns 2.000 l/m² no ano.
Clima ecuatorial
  • Vexetación
A selva, chamada xungla en Asia, é un bosque moi mesto cunha gran variedade de especies vexetais distribuídas en "pisos" ou "niveis": así hai árbores que poden superar os 30 metros nos pisos altos até os brións e fentos ao nivel do solo, ao que lle chega dificilmente a luz solar.
selva virxe
  • Ríos
Son moi caudalosos e regulares. Un exemplo é o río Amazonas.

  • Ocupación humana
En América e África, hai moi pouca densidade de poboación. Os pobos indíxenas viven da recolección e dunha agricultura primitiva.
En Asia, non obstante, ocorre o contrario e existe unha alta densidade de poboación. A vexetación natural foi substituída por plantacións de arroz, té e heveas (de onde se obtén o caucho)