| i. Choivas por convección, danse en zonas de baixas presións e altas temperaturas, como o Ecuador. O aire cálido e húmido ascende, coa altura a temperatura diminúe, a masa de aire arrefríase, condénsase e chove.
|
|
ii. As precipitacións orográficas, prodúcense cando unha masa de aire húmida choca cunha montaña, elévase, arrefría, condensa e precipita como choiva ou neve.
|
|
| iii. As precipitacións de fronte, cando dúas masas de aire diferentes, unha cálida e outra fría chocan, prodúcense abondosas precipitacións e ás veces saraiba. É típica das zonas temperadas.
|

|