3.1: Tempo e clima
2. ELEMENTOS METEOROLÓXICOS
2.1. A Temperatura
| É o grao de calor da atmosfera debido á radiación solar. Mídese en graos Celsius ou centígrados ou graos Farenheit (usados polos países anglosaxóns). O aparato que se emprega para medila é o termómetro A diferenza entre a temperatura máis alta e a máis baixa rexistrada nun lugar ou zona, durante un determinado período, chámase oscilación térmica ou amplitude térmica Os datos das temperaturas represéntanse en mapas que utilizan liñas que unen puntos coa mesma temperatura (isotermas). |
|