Tema 1. A representación da Terra

5. Os mapas.

5.3. Os sistemas topográficos.



A superficie terrestre é tridimensional mentres que o papel ou a pantalla onde temos o mapa é bidimensional ou plana. Os cartógrafos teñen, pois, que afrontar o reto de representar nun plano unha realidade complexa con tres dimensións. Para logralo empregan varios recursos:

a.- As curvas de nivel: liñas que unen puntos coa mesma altitude.

b.- As cores, empregando unhas cores diferentes para as distintas altitudes.

c.- Os dous recursos anteriores á vez.


flashPulsa sobre o icono para acceder a unha animación sobre o mapa topográfico.

Curvas de nivel