Tema 1. A representación da Terra

5. Os mapas.


Os instrumentos e técnicas de orientación vistos permitiron a elaboración dos mapas, que son representacións gráficas da superficie da Terra, ben en parte ou ben na súa totalidade (mapamundis). A ciencia que se encarga de elaborar os mapas é a cartografía.

Para entender os mapas debemos partir de que os cartógrafos se atopan con tres importantes problemas:

1.- Teñen que representar unha superficie moi grande (a realidade) nunha superficie pequena (un mapa). Para solucionar este problema empregan a escala.

2.- Teñen que representar unha superficie esférica como a da Terra, aínda que non sexa unha esfera perfecta, nunha superficie plana. Para lograr isto empregan as proxeccións cartográficas, se ben cada proxección ten as súas vantaxes e os seus inconvintes.

3.- Teñen que representar unha superficie tridimensional (con profundidade) nun espazo que ten dúas dimensións. Para atender a esta cuestión empregan os sistemas topográficos.


Mapa de Kepler


A LENDA.

Para facilitar a comprensión dos mapas está a lenda, cadro incluído no mapa e que recolle os signos convencionais empregados e o seu significado.


Mapa