Tema 1. A representación da Terra

3. A rede xeográfica.


A rede xeográfica é o entramado de liñas imaxinarias que serve para localizar calquera punto sobre a superficie terrestre. Podemos falar de dous tipos de liñas imaxinarias: paralelos e meridianos:

· Os paralelos son liñas perpendiculares ao eixo terrestre que están trazadas de Oeste a Leste. O paralelo de referencia para a localización xeográfica é o Ecuador ou paralelo 0. Este paralelo divide o planeta nos hemisferios Norte e Sur; outros paralelos importantes son o Trópico de Cáncer e o Trópico de Capricornio, que sinalan os puntos do planeta que reciben máis enerxía do Sol.


· Os meridianos son liñas trazadas de Norte e Sur, unindo os polos da Terra. O meridiano de referencia para a localización xeográfica é o meridiano 0 ou meridiano de Greenwich.


rede xeográfica

A localización xeográfica baséase na distancia con respecto ao Ecuador (latitude) e na distancia con respecto ao meridiano 0 (lonxitude).

Deste xeito a latitude pode ser Norte ou Sur e vai desde os 0º aos 90º situados en cada un dos polos. Pola súa banda a lonxitude pode ser Leste ou Oeste ata un total de 180º en cada dirección.

Cómpre non esquecer que a latitude e a lonxitude esprésanse en graos polo carácter esférico do planeta.




lk Podes repasar as coordenadas xeográficas e facer exercicios nesta ligazón

Latitude e lonxitude