Contidos

1. Recursos educativos abertos

Os Recursos Educativos Abertos (REA), tamén coñecidos en inglés como Open Educational Resources (OER), son documentos, materiais e contidos educativos ofrecidos libre e abertamente para que calquera os poida empregar para ensinar, aprender ou investigar.

De forma frecuente, estes recursos educativos abertos están distribuidos baixo unha Licencia Creative Commons, que concede permisos e dereitos ao usuario baixo o marco das cinco R:

  • Reutilizar o contido orixinal sen alterar.
  • Revisar, adaptar, axustar, modificar ou alterar o contido en si.
  • Remezclar ou combinar o contido orixinal con outro tipo de contido para crear algo novo.
  • Redistribuír ou compartir copias do contido orixinal, as revisións ou as novas mezclas con outros.
  • Conservar (retain). O dereito a realizar, posuír e controlar copias do contido (por exemplo, descargar, duplicar, almacenar e administrar)

Cando falamos de REAs non debemos pensar só nos contidos, se non que tamén no software (contornas necesarias para a súa creación, modificación, mezcla, publicación, interrelación con redes educativas, clasificación con metadatos, ...) e nas licencias que permitan promover a súa publicación aberta. Tamén debemos ter en conta que un dos seus puntos fortes debe ser o fácil acceso a estes recursos, que debe ser gratuíto e que debe ser moi sinxelo o seu proceso de obtención ou descarga.

 Tendo en conta o anterior e a infografía obtida do CEDEC, podemos indicar 4 características desexables asociadas aos REA:

  1. serán materiais de ensino en formato dixital.
  2. serán de acceso gratuíto e libre sen apenas necesidades de rexistro.
  3. licenciamento aberto ou con restricións limitadas co obxectivo de que estean preparados para compartir.
  4. licenciamento para que poidan ser modificados con restricións limitadas. Os contidos en formato dixital deberían ser editables.

Tipoloxías de Recursos Educativos Abertos

Os REA poden ser cursos completos, obxectos de aprendizaxe, exercicios ou outras ferramentas, materiais ou técnicas para ensinar, aprender ou investigar.

Material de clase

Libros en aberto

Vídeos

Unidade didáctica

Software

Xogos

A través de Internet podemos xa acceder a multitude de REA

  • En calquera formato
    • texto
    • audiovisual
    • podcast
    • multimedia
  • Para calquera finalidade
    • libros de texto
    • manuais
    • guías didácticas
    • plans docentes
    • apuntamentos
    • simulacións
    • exames
    • cuestionarios
    • informes, estudos ou investigacións
    • MOOCs, que son cursos en liña abertos a grande escala
  • De calquera nivel ou especialidade
    • Infantil
    • Primaria
    • ESO
    • FP e Universidade
    • Rexime especial (Música, Danza, Artes, ...)
Tamén debemos ter en conta a obtención do Software que nos permita elaborar e editar os contidos asociados aos REAs.
Atribucións das imaxes empregadas:
Extraídas do CeDeC, baixo licencia CC BY 4.0
Iconas:Póster BCOER de BCcampus, baixo licencia CC BY 4.0