Ir ao contido principal
AV IES MENDIÑO
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV IES MENDIÑO
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. 2526 MÚSICA 2ESO
  3. 2º trimestre
  4. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: Presentación dun instrumento.

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: Presentación dun instrumento.

Requisitos do completado
Abertas: luns, 19 de xaneiro de 2026, 12:00 AM
Pendente: venres, 13 de febreiro de 2026, 11:59 PM

Realiza unha presentación en formato ppt. pptx. ou odt. sobre un instrumento da túa elección.

1. ESCOLLE un instrumento musical e CLASIFÍCAO na súa FAMILIA E SUBGRUPO (material, tipo de cana, técnica que se usa para que vibre…) e tipo de altura que ten (agudo, grave,…)

2. BREVE DESCRICIÓN HISTÓRICA: en que época xorde, quen foi o seu inventor (se o hai coñecido), se hai algún luthier ou constructor de instrumentos coñecido,etc.

3. PARTES DO INSTRUMENTO: busca imaxes nas que se sinalen as partes principais do instrumento e comenta as máis importantes.

4. INTÉRPRETES FAMOSOS que destaquen por tocar este instrumento.

5.REPERTORIO OU TÍTULOS MÁIS COÑECIDOS escritos para este instrumento. Tipo ou ámbito de música que se interpreta con este instrumento (clásica, pop, popular) e tipo de agrupación máis habitual. Vídeos. 

6. CONCLUSIÓNS: resumo das ideas básicas e opinión do traballo. Fontes consultadas.

 

AVALIACIÓN  

1- Entrega realizada en prazo e seguindo as instrucións do traballo. Hai un índice. 2pt

2- Contidos expostos de maneira clara e descritiva, respondendo aos puntos do índice. 2pt

3- Organización dos contidos : hai unha portada e unha contraportada. O texto facilita a lectura. Non hai unha fonte nin demasiado grande nin demasiado pequena. Non se limita a copiar e pegar. 2pt

4- Os contidos están acompañados de imaxes, vídeos e formatos que facilitan a súa lectura. 2pt

5- A presentación utilizada é acorde aos contidos , creativa e motiva a súa lectura. 2pt

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle