VÍDEO INFORMATIVO DO MOVEMENTO CORPORAL
Nesta actividade imos realizar un vídeo no que representemos algúns dos principais movementos articulares do noso corpo e indicaremos que músculos producen devanditos movementos. A idea da actividade é conectar de xeito práctico a información do tema 3 (anatomía do sistema muscular) coa información do tema 4 (o movemento.
Que imos facer?
Divididos en parellas, imos grabar certos vídeos nos que realizaremos os movementos que se alistan a continuación. Posteriormente pegaremos todos os fragmentos de vídeos e, mediante un programa de edición (na clase imos empregar como exemplo Canva, pero podedes elexir o que máis vos guste), incluiremos a información sobre o movemento. Incluiremos ademais unha animación sobre a anatomía do músculo que aprenderemos a facer en clase.
Os movementos articulares sobre os que imos facer o vídeo son os seguintes:
- Rotación do pescozo.
- Flexión e extensión do pescozo
- Flexión lateral do pescozo.
- Flexión e extensión do tronco.
- Flexión lateral do tronco.
- Abdución e adución do ombreiro.
- Abdución e adución horizontais do ombreiro.
- Flexión e extensión do ombreiro.
- Flexión e extensión do cóbado.
- Abdución e adución da cadeira.
- Flexión e extensión da cadeira.
- Flexión e extensión do xeonllo.
Para cada movemento temos que indicar a seguinte información:
- Plano no que se produce o movemento.
- Músculo principal (agonista) do movemento.
· Orixe do músculo
· Inserción do músculo
- Animación do músculo (para facer a animación podemos empregar a aplicación web BodyParts3D/Anatomography; imos aprender a empregala na clase, aínda que na seguinte ligazón podedes atopar un vídeo titorial)
Cales serán os grupos?
As parellas de traballo serán as seguintes:
- Carla Acosta e María Aruyán
- Noa Blanco e Petar
- Iago e Javier
- Carla Doval e Iria
- Candela e Miguel
- Noa de Andrés e Aroa
- Paula de Andrés e Liss
- Noa Ricón e Mateo
- Paula Machado e Fátima
Cal é o formato de entrega?
O formato de entrega realizarase en MP4, se non fora posible convertilo a ese formato no programa que empreguedes podédesmo comentar antes e buscaremos unha solución. É MOI IMPORTANTE QUE ANTES DE PORVOS A FACER O VÍDEO COMPROBEDES QUE SE PODE GARDAR NO FORMATO CORRECTO. O lugar de entrega será a través da aula virtual, no caso de que sexa moi pesado podédesmo enviar por correo: pblanco@iesmendinho.com. Se inda así é moi pesado, podédesmo traer nun pendrive a clase.
Cal é a data de entrega?
O traballo deberá ser entregado o día 12 decembro antes das 23:59.
Como se vai avaliar?
Neste proxecto vaise avaliar o Contido e o Deseño:
- Contido: valorarase que estén todos os movementos debidamente representados, os planos ben indicados e toda a información que se pide con respecto ao músculo.
- Deseño: valorarase o impacto visual e estética, a facilidade coa que se accede a información e a orixinalidade nos recursos que empreguedes.
*DEREITOS DE IMAXE*
Aínda que vos gravedes a vos mesmos realizando o movemento, nos vídeos debedes evitar que se vos recoñeza, polo tanto DEBEDES GRAVARVOS OCULTANDO O ROSTRO (gravando por detrás, difuminando ou pixelando a cara, pondo unha careta... o que vos prefirades, pero que non se vos recoñeza).
Na descrición da tarefa déixovos un exemplo dun fragmento dun vídeo feito por min para que teñades de referencia (é unha versión borrador, pero alcanza para facervos unha idea).
Moita sorte e ánimo!!!
PLANO Saxital MOVEMENTO Abdución do brazo MÚSCULO Deltoides -ORIXE Escápula -INSERCIÓN Úmero (1).mp4
23 de novembro de 2024, 6:01 PM