Ir ao contido principal
AV IES MENDIÑO
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV IES MENDIÑO
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. AA1ºBACH
  3. Tema 2.- O sistema óseo
  4. ATLAS DO ESQUELETO HUMANO

ATLAS DO ESQUELETO HUMANO

Requisitos do completado

Neste traballo ides elaborar, por equipos, un atlas completo da anatomía do sistema óseo humano. Para iso, ides empregar fotos tomadas por vós mesmos no laboratorio. Deberedes elaborar un atlas similar aos que se vos presentan como exemplo, no que indiquedes, correctamente agrupadas en porcións anatómicas, os distintos ósos e as súas partes máis importantes. Para saber o grao de detalle ao que debedes profundizar podedes tomar como referencia os apuntamentos do tema.

Nesta ligazón teredes acceso a un atlas dixital en 3D que vos pode resultar de axuda:

https://anatomiahumana3d.com

Como nos imos organizar?

Imos traballar en grupos de 4 e 3 personas. Precisaremos que polo menos 1 traia unha ferramenta para sacar fotos (como pode ser un teléfono móbil) e a poder ser un ordenador para traballar. Se non fora posible traer algún dos materiais, comentádello ao profesor e buscaremos unha solución.

Grupo 1: Noa Ricón, Paula Machado, Aroa Rodríguez
Grupo 2: Javier Gil, Petar Ivanov, Iago Campos, María Aruyán
Grupo 3: Paula de Andrés, Noa de Andrés, Candela Borines, Sofía Rivas
Grupo 4: Noa Blanco, Iria Fernández, Fátima Moreira, Miguel Vidal
Grupo 5: Liss Meli, Mateo González, Carla Acosta, Carla Doval

Cal será o formato de entrega?

Para este proxecto vaise aceptar formato dixital (en formato pdf.) ou físico, en papel.

Cal será a data de entrega?

A data límite para entregar o proxecto será a que se indica na descripción desta tarefa.

Como se vai a avaliar?

Neste proxecto vanse valorar 3 aspectos: Contido, Formato e Deseño

  • Contido: valorarase que estén todos os ósos debidamente sinalados e, no caso de ser necesario, as partes sinaladas ou as estruturas que forman desenvolvidas.
  • Formato: valorarase que o formato sexa correcto e UNIFORME ao longo do atlas, que o contido esté debidamente estruturado e que teña a debida empregailidade como atlas.
  • Deseño: valorarase o impacto visual e a orixinalidade, a calidade das fotos e a súa integración no texto, a elección das tipografías e as cores...
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle