Neste espazo colgarei material que poda ser de axuda para traballar algúns dos temas propostos pola clase para tratar en titorías, obradoiros e charlas e que os servan de axuda para os estudos, para o estrés ante exames, para coñecer as emocións e ter ferramentas para afrontar os retos que se poñan por diante!

Debateremos e planificaremos a materia en conxunto, profesora-alumnado, tendo como obxectivo reflexionar a partir de historias concretas sobre a importancia da memoria individual e colectiva, a igualdade de xénero, a solidariedade e a empatía, a loita pola liberdade e, nun contexto máis amplo, a reivindicación dos dereitos humanos como elemento esencial para a convivencia. Os produtos finais basearanse no traballo colaborativo e grupal, con proxectos específicos de investigación e creación en distintos formatos e soportes (diario, reportaxe, podcast, videocreación, curtametraxe, guión literario…).