SISTEMAS DE MEDIDA Y REGULACION
Neste modulo se trata de iniciar ò alumno nas partes que compoñen un sistema de medida y analiza-los tipos de sistemas de regulación.Trataranse os seguentes aspectos:
- Interpreta-lo funcionamento xeral e as características dos sistemas de medida industriais (enténdense por sistemas de medida industriais tódolos sensores e transductores, en función das magnitudes que se poden medir e do campo de aplicación específico onde se utilizan) e dos sistemas automáticos de regulación a partir da documentación técnica e os correspondentes esquemas.
- Relacionar cada parte da estructura dos sistemas de medida industriais e dos sistemas automáticos de regulación coas funcións que realizan dentro do sistema.
- Configura-los mecanismos e os métodos de adquisición de datos do sistema de medida para as condicións particulares de cada proceso.
Propoñense as seguentes actividades:
a) Manexo da tarxeta de adquisición de datos PCI- 1711 mediante o lenguaxe de alto nivel C:
1. Realizar o programa en C para a visualización do estado dun sensor todo-nada mediante unha tarxeta de adquisición de datos.
2. Realizar o programa en C para monitorizar a tensión entrega por un sensor mediante unha tarxeta de adquisición de datos.
3. Realizar o programa en C para sacar unha tensión a través do canal de saída dunha tarxeta de adquisición de datos.
b) Manexo da da tarxeta de adquisición de datos PCI- 1711 mediante un programa informático tipo SCADA.(GENIDAQ)
1. Control da velocidade dun motor alimentado por un variador de frecuencia, monitorización da velocidade e xeración de alarmas mediante aplicación SCADA e tarxeta de adquisición de datos.
2. Control todo-nada da temperatura dun forno, monitorización da temperatura e xeración de alarmas
3. Monitorización da temperatura en dous puntos dun forno e inserción dos valores nunha folla de cálculo mediante aplicación SCADA e tarxeta de adquisición de datos.
4. Regulación PI do nivel dun depósito mediante aplicación SCADA e tarxeta de adquisición de datos.