• EOIESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS: admisión, calendario.

      Toda a INFO: EOI



    • Probas de certificación nas Escolas Oficiais de Idiomas 2026

       
      Publicouse a Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2025-2026 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial.
      idiomas
      NIVEIS E IDIOMAS:

      A Consellería de Educación convoca probas para a obtención dos certificados dos niveis:
      • Básico A2 nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
      • Intermedio B1 nos idiomas alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
      • Intermedio B2 nos idiomas alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
      • Avanzado C1 nos idiomas alemán, francés, español como lingua estranxeira, galego, inglés, italiano e portugués.
      • Avanzado C2 nos idiomas alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

      REQUISITOS PARA PRESENTARSE:
      • Cumprir alomenos 16 anos no ano natural da convocatoria, naqueles idiomas cursados como primeira lingua estranxeira.
      • Cumprir alomenos 14 anos no ano natural da convocatoria, naqueles idiomas non cursados como primeira lingua estranxeira.
      • O alumnado libre deberá pagar as taxas correspondentes.
      • O alumnado matriculado na modalidade presencial nas EOI nun curso final: terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promocionar, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior.
      • O alumnado do programa That’s English! terá que superar a proba de certificación de nivel básico A2 ao remate do módulo de nivel A2.4, B1.2, B2.4 ou C1.2, para acadar a certificación respectiva.
      MATRÍCULA NAS PROBAS:

      A matrícula realizarase en liña.

      O prazo de matrícula vai do 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2026, ambos incluídos. A aplicación web permanecerá aberta ata as 23:59 do 6 de marzo


      CALENDARIO DAS PROBAS:
      Meses de maio e xuño. Ver calendario nos anexos IV e V da Instrución 1/2026
       
       
      ALUMNADO CON DISCAPACIDADE:
      O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade deberá xustificalo mediante un certificado oficial e solicitar unha adaptación da proba cubrindo o formulario facilitado pola EOI (anexo III da  instrución). A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes do departamento territorial respectivo para que se determinen as adaptacións pertinentes.