Obxectivos:

-Promover a alfabetización científica, o pensamento crítico e a curiosidade cara á ciencia, a tecnoloxía e a investigación a través de metodoloxías activas.

 -Integrar o método científico e a resolución creativa de problemas na práctica docente e na dinámica diaria do centro.

-Fomentar o traballo colaborativo entre departamentos e o uso de contornas de aprendizaxe físicas e dixitalizadas.

Metodoloxía:

-Metodoloxías activas aplicadas á divulgación e ao ensino das ciencias.

 -Deseño e planificación de obradoiros, experiencias prácticas e proxectos interdisciplinares para o Clube de Ciencias.

-Uso e integración de recursos, materiais e ferramentas dixitais ou laboratorio no desenvolvemento de actividades científicas.