A calificación global de cada avaliación farase do seguinte xeito:

- Ata 10% da nota virá dada polas chamadas de clase e deberes.

- Ata 15% virá dado polos traballos de laboratorio, prácticas de investigación e cuestionarios.

- Ata o 10% polo desenvolvemento diario ante a materia e as actividades propostas, coidado do material e puntualidade na entrega das tarefas

- Polo menos o 65% virá dado pola calificación das probas escritas. No caso de que se realizasen menos traballos de laboratorio, esta porcentaxe poderá incrementarse:

2 exames por avaliación, cada un versará sobre os contidos e criterios de avaliación correspondentes, que se corresponderán coas unidades didácticas reflectidas no libro de texto e na aula virtual.

Para obter unha cualificación positiva no curso, debe acadarse polo menos un 40% de valoración en cada un dos criterios establecidos. Se non se superasen determinados criterios de cada unha das unidades, estes poderanse recuperar nunha proba de recuperación que se fará durante cada avaliación. Haberá 3 probas de recuperación ao longo do curso.

Os pesos de cada unha das unidades didácticas, na cualificación final, corresponderanse cos seguintes:

  • Actividade científica: 10%
  • A Materia: 15%
  • Sistemas Materiais: 15%
  • Cambios físicos e químicos: 15%
  • Movemento: 15%
  • Forzas: 15%
  • Enerxía: 15%

Última alteração: quarta-feira, 16 de setembro de 2026 às 20:53