Para recuperar a materia pendente, o alumnado ten que acadar os obxectivos da materia e adquirir as competencias correspondentes. O alumnado recibirá a principio de curso unha serie de tarefas, actividades e exercicios propostos pola dirección do departamento que, ademáis, estarán a disposición do alumnado na aula virtual. Igualmente se lles entregará un documento informativo coas datas dos exames e da entrega das tarefas. Estas tarefas deberán ser entregadas á xefa de departamento para a súa corrección e suporán un 10 % da nota de cada trimestre.

O alumnado será avaliado dos CA correspondentes á materia mediante tres probas escritas que contarán un 90 % da nota do trimestre. A nota final será a media das tres notas obtidas nos trimestres e deberá ser maior que 5. No caso de que non sexa así, se lles fará unha proba final con todo o contido da materia na que deberán obter un 5.

CONTIDOS POR TRIMESTRES E DATAS DOS EXAMES:

 

DATAS

CONTIDOS

1ª Avaliación

4/11/25

O átomo e o sistema periódico, enlace químico e nomenclatura inorgánica, moles, gases, disolucións, fórmula empírica e molecular.

2ª Avaliación

10/2/26

Estequiometría das reaccións químicas, reaccións químicas de interese, química orgánica, calor

3ª Avaliación

7/4/26

Cinemática do punto material, estática, dinámica, traballo e enerxía.

TAREFAS A REALIZAR E DATAS DE ENTREGA:

 

DATA LÍMTE DE ENTREGA

TAREFA

1ª Avaliación

4/11/25

Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre.

2ª Avaliación

10/2/26

Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre.

3ª Avaliación

7/4/26

Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre.

Última alteração: terça-feira, 21 de outubro de 2025 às 14:26