Información relevante e criterios de cualificación
Para recuperar a materia pendente, o alumnado ten que acadar os obxectivos da materia e adquirir as competencias correspondentes. O alumnado recibirá a principio de curso unha serie de tarefas, actividades e exercicios propostos pola dirección do departamento que, ademáis, estarán a disposición do alumnado na aula virtual. Igualmente se lles entregará un documento informativo coas datas dos exames e da entrega das tarefas. Estas tarefas deberán ser entregadas á xefa de departamento para a súa corrección e suporán un 10 % da nota de cada trimestre.
O alumnado será avaliado dos CA correspondentes á materia mediante tres probas escritas que contarán un 90 % da nota do trimestre. A nota final será a media das tres notas obtidas nos trimestres e deberá ser maior que 5. No caso de que non sexa así, se lles fará unha proba final con todo o contido da materia na que deberán obter un 5.
CONTIDOS POR TRIMESTRES E DATAS DOS EXAMES:
|
DATAS |
CONTIDOS |
|
|
1ª Avaliación |
4/11/25 |
O átomo e o sistema periódico, enlace químico e nomenclatura inorgánica, moles, gases, disolucións, fórmula empírica e molecular. |
|
2ª Avaliación |
10/2/26 |
Estequiometría das reaccións químicas, reaccións químicas de interese, química orgánica, calor |
|
3ª Avaliación |
7/4/26 |
Cinemática do punto material, estática, dinámica, traballo e enerxía. |
TAREFAS A REALIZAR E DATAS DE ENTREGA:
|
DATA LÍMTE DE ENTREGA |
TAREFA |
|
|
1ª Avaliación |
4/11/25 |
Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre. |
|
2ª Avaliación |
10/2/26 |
Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre. |
|
3ª Avaliación |
7/4/26 |
Boletín de exercicios relacionados cos contidos deste trimestre. |