CRITERIOS CUALIFICACIÓN 4º ESO

Para cada unha das avaliacións, os criterios de cualificación serán os seguintes:

Exercicios de clase, traballo individual de clase, traballo de casa: Ata 10%, dependendo das chamadas.
Traballo de laboratorio, informes de laboratorio, cuestionarios: ata 10%. dependendo dos traballos que se podan facer.

Probas escritas: entre 80 % e 100%, dependendo dos dous apartados anteriores.


Farasen dúas probas escritas a non ser que o trimestre sexa demasiado curto ou haxa algunha circunstancia que o impida. O valor de cada un dos exames que se realicen por trimestre será o mesmo excepto no caso de que a cantidade de contidos e criterios de avaliación que se pretendan valorar sexan significativamente diferentes por cuestións de organización. Nese caso, ponderaríanse os valores dos exames en función dos contidos e criterios de avaliación que inclúan. No caso de que a nota do primeiro exame do trimestre sexa inferior a 3,5, incluiranse no segundo exame preguntas e cuestións sobre contidos e criterios que se valoraron no primeiro exame. Nese caso, ese exame servirá como recuperación.

A cualificación final do curso calcularase como a media das notas dos trimestres. É preciso ter máis dun 4 en cada avaliación e unha nota media final maior que 5 para aprobar.

Criterios de recuperación

O alumnado terá unha oportunidade por trimestre para recuperar as avaliacións non superadas que consistirá nunha proba escrita dos contidos desa avaliación. No caso da recuperación do terceiro trimestre esta poderá coincidir coa recuperación final se o tempo así o esixe. Se a nota que se acada nesas probas supera á da correspondente avaliación, esta será a nota que quede nesa avaliación. 

A nota media final debe ser maior que 5 para aprobar e ter máis dun 4 en cada avaliación. Se non é así, a final de curso realizarase unha recuperación escrita na que cada alumno se examinará das avaliacións suspensas

Last modified: Monday, 29 September 2025, 9:40 PM