Ao longo do curso desenvolveranse as seguintes actividades de recuperación, para cada un dos cursos pendentes:

  • 3 boletíns de actividades de recuperación, que se atopan en cada un dos bloques deste curso, e que serán entregados ao alumnado durante o mes de setembro en papel. A data final de entrega dos boletíns será: 7 de novembro para o primeiro, 16 de xaneiro para o segundo e 24 de abril para o terceiro.
  • 3 probas de recuperación, cada un deles versará sobre a materia presente nos boletíns de actividades de recuperación. As probas terán lugar o 17 de novembro, o 26 de xaneiro e o 4 de maio, de 10:35 a 11:25 no laboratorio de física e química.
  • Unha proba de recuperación dos bloques (trimestres) pendentes para cada curso, que servirá como proba de recuperación, referida aos contidos de cada boletín de actividades e terá lugar o 18 de maio, de 10:35 a 11:25 no laboratorio de física e química.

A cualificación calcularase da seguinte maneira:

  • 15% da cualificación de cada bloque pola valoración dos boletíns de actividades entregadas.
  • 85% da cualificación de cada bloque pola cualificación obtida na proba escrita correspondente.

Será preciso obter unha cualificación de 5 puntos sobre 10 en cada trimestre para poder superar a materia pendente. No caso de que nalgún dos bloques non se acade esa valoración, realizarase unha proba de recuperación o 18 de maio. A cualificación desta proba substituirá o 100% da cualificación do trimeste (bloque) correspondente. Cómpre obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 nas recuperacións que se deban realizar, para poder facer a media aritmética co resto das cualificacións dos trimestres.

A cualificación final obtida será a media aritmética dos tres bloques, facendo unha aproximación matemática, polo que un 4,5 será considerado como 5 puntos sobre 10.

Última modificación: venres, 26 de setembro de 2025, 10:32 AM