O pronome reflexivo en galego
Completion requirements
O galego, á diferenza do castelán, non expresa o reflexivo cando se trata do obxecto indirecto:
- *Pinteime os beizos > pintei os beizos
- *Lavouse a cara > lavou a cara
Para expresar a reflexividade, o galego só marca o obxecto directo.
- Laveime ben esta mañá.
- Enfeitácheste formal hoxe?
- Non nos vemos no espello.
Se se quere enfatizar cun pronome, este acostuma ir acompañado de mesmo(s)/a(s) ou propio(s)/a(s).
- Laveime ben a min mesmo/a esta mañá.
- Enfeitácheste ti mesmo/a formal hoxe?
- Non nos vemos a nós mesmos/as no espello.
Loxicamente hai casos de ambigüidade, nos que pode confundirse de quen se está falando, e aí si que é preciso pór o pronome, como en;
- Os actores gustaban de se describir espontaneamente
No exemplo anterior, pode entenderse que se describen a si mesmos/as ou uns aos outros.
Como se ve, a forma plena da reciprocidade é un(s) ao(s) outro(s) | unha(s) á(s) outra(s) e, de feito, é máis recomendábel que o pronome reflexivo.
- Os conselleiros louvaban uns aos outros despois do consello.
Last modified: Friday, 10 January 2025, 3:34 PM