Rúbrica de avaliación: Exposición oral sobre as linguas do mundo

Criterio Nivel Excelente (10-9) (90-100 puntos) Nivel Notable (8-7) (70-89 puntos) Nivel Aceptable (6-5) (50-69 puntos) Nivel Insuficiente (<5) (0-49 puntos)
Contido e coñecemento do tema (20 puntos) Presenta unha análise profunda, detallada e precisa das linguas do mundo, usando datos actualizados e diversos. Aparecen todos os puntos enumerados pola profesora. Inclúe exemplos de interese. (18-20 puntos) O contido é adecuado e variado, pero podería ser máis profundo ou actualizado. Aparecen todos os puntos enumerados pola profesora. Inclúe exemplos, aínda que non tan detallados. (14-17 puntos) Presenta o tema cun enfoque básico, faltan detalles, exemplos ou puntos enumerados pola profesora nas instrucións. Pode ser superficial ou incompleto en certas áreas. (10-13 puntos) Información insuficiente ou incorrecta. Non se aborda o tema de forma clara nin coherente. (0-9 puntos)
Organización da exposición (15 puntos) A estrutura é moi clara e organizada. Hai unha introdución sólida, desenvolvemento coherente e conclusión ben formulada. (13-15 puntos) Ben organizada, pero cunha introdución, desenvolvemento ou conclusión menos sólida. Hai algunhas ideas que non están ben conectadas. (10-12 puntos) A estrutura é algo confusa. A información non sempre segue un fío lóxico ou faltan partes importantes. (7-9 puntos) Mal organizada ou sen estrutura clara. Difícil de seguir, falta de cohesión entre as ideas. (0-6 puntos)
Claridade e uso da lingua galega (15 puntos) Expresión moi clara, fluída e precisa en galego. Emprega un vocabulario variado e adecuado. Ausencia de erros gramaticais. (13-15 puntos) Expresión clara en galego, pero con algúns erros menores. O vocabulario é correcto, pero podería ser máis variado. (10-12 puntos) Expresión en galego comprensible, pero con varios erros gramaticais ou limitacións de vocabulario. (7-9 puntos) Expresión confusa, moitos erros gramaticais ou vocabulario inadecuado. Dificultade para seguir a exposición. (0-6 puntos)
Rexistro e adecuación lingüística (15 puntos) O rexistro é totalmente axeitado para o contexto académico. Variedade de rexistros e ton axeitado en todo momento. (13-15 puntos) Rexistro axeitado na maior parte, pero con momentos nos que se perde o ton formal ou se fai uso inadecuado de certas expresións. (10-12 puntos) Rexistro máis coloquial do adecuado, pero non afecta gravemente a comprensión. Algúns usos inadecuados de expresións. (7-9 puntos) Rexistro inadecuado para o contexto, demasiado coloquial ou informal. Falla de adecuación ao público. (0-6 puntos)
Uso de recursos audiovisuais (10 puntos) Os recursos audiovisuais (diapositivas, imaxes, gráficos) están ben integrados e melloran a comprensión da exposición. (9-10 puntos) Utiliza recursos audiovisuais adecuados, aínda que non sempre ben integrados ou explicados. (7-8 puntos) Emprega recursos audiovisuais mínimos ou non están ben explicados. A súa utilidade é limitada. (5-6 puntos) Non utiliza recursos audiovisuais ou os que se empregan non teñen relación coa exposición. (0-4 puntos)
Capacidade de comunicación oral (15 puntos) Excelente comunicación, mantén contacto visual e interactúa co público. Mantén un ton de voz adecuado e ten fluidez. (13-15 puntos) Boa capacidade de comunicación, pero con menos interacción co público ou menos variedade no ton. Algúns momentos de vacilación. (10-12 puntos) Capacidade de comunicación suficiente, pero con problemas evidentes de fluidez ou pouca interacción co público. (7-9 puntos) Mala capacidade de comunicación: vacilacións frecuentes, non interactúa co público ou o ton é inapropiado. (0-6 puntos)
Resposta a preguntas do público (10 puntos) Responde con seguridade e claridade, amosando un dominio completo do tema tratado. (9-10 puntos) Responde ben, aínda que nalgúns casos con certa inseguridade ou falta de detalles. (7-8 puntos) Responde de forma vaga ou imprecisa, amosando certa dificultade para afondar no tema. (5-6 puntos) Non sabe ou non pode responder ás preguntas de forma axeitada. Amosa unha falta de coñecemento do tema. (0-4 puntos)

Total puntos: ____/100

Modifié le: mardi 1 octobre 2024, 17:50