- Emisor (quen é?) /receptor (a quen se dirixe)?

- Canle: dependendo da canle cambiará a intencionalidade (non é o mesmo enviar un whatsapp que escribir unha conferencia ou enviar unha reclamación)

- Contexto: está de actualidade? Que significa a mensaxe que dá no momento actual?

- Niveis da lingua (dependen do FALANTE) vs. rexistros da lingua (dependen da SITUACIÓN). Exemplo: unha persoa moi culta que manexa os tres niveis da lingua (formal, medio e vulgar) pode empregar un rexistro informal porque se atopa nunha situación distendida e/ou porque pretende dirixirse a un público que se identifica con ese rexistro.

- Léxico: que palabras utiliza? Son todas galegas? Emprega estranxeirismos?

Última modificación: martes, 24 de septiembre de 2024, 16:05