Cousas a ter en conta á hora de analizar un texto
Requisitos do completado
- Emisor (quen é?) /receptor (a quen se dirixe)?
- Canle: dependendo da canle cambiará a intencionalidade (non é o mesmo enviar un whatsapp que escribir unha conferencia ou enviar unha reclamación)
- Contexto: está de actualidade? Que significa a mensaxe que dá no momento actual?
- Niveis da lingua (dependen do FALANTE) vs. rexistros da lingua (dependen da SITUACIÓN). Exemplo: unha persoa moi culta que manexa os tres niveis da lingua (formal, medio e vulgar) pode empregar un rexistro informal porque se atopa nunha situación distendida e/ou porque pretende dirixirse a un público que se identifica con ese rexistro.
- Léxico: que palabras utiliza? Son todas galegas? Emprega estranxeirismos?
Última modificación: martes, 24 de setembro de 2024, 4:05 PM