Para engadir un enlace a un sitio web externo:

  1. Entrar na páxina web á que queremos enlazar e copiar a URL:

    (Unha URL é a dirección de Internet)

  2. No curso de Moodle: Engadir unha actividade ou recurso > seleccionar o recurso URL e premer en Engadir

  3. Indicar o nome e pegar a dirección da web.

  4. Como norma xeral, os enlaces externos a un curso deben abrirse nunha nova ventá do navegador. Deste xeito, non se perde a ventá do curso.
Última modificación: luns, 16 de novembro de 2020, 3:47 AM