O recurso Ficheiro permite mostrar ao alumnado contidos. Poderemos subir todo tipo de arquivos informáticos. Compre asegurarse de que o alumnado dispón do software necesario para descargar o arquivo.

Para compartir unha presentación empregada en clase ou para enviar apuntamentos, é aconsellable empregar arquivos en formato PDF (Portable Document File). Os PDF son documentos que se poden compartir independentemente do equipo ou do software empregado tanto polo emisor como polo receptor. Os PDF pódense ver no navegador sen necesidade de descargalos.

Para crear un Ficheiro hai que activar a edición. No tema que se desexe, pulsar "Engadir unha actividade ou recurso" e escoller Ficheiro.

Porase un nome e, se desexamos, unha breve descrición.

Engádese o arquivo e listo.

Última modificación: lunes, 16 de noviembre de 2020, 03:47