O editor de texto (dar formato ao texto, crear enlaces, inserir imaxes, incrustar vídeos,...)

Sitio: Aula Virtual do IES Lamas de Abade
Curso: Guía de axuda para o profesorado
Libro: O editor de texto (dar formato ao texto, crear enlaces, inserir imaxes, incrustar vídeos,...)
Impreso por: Usuario convidado
Data: mércores, 14 de xaneiro de 2026, 3:10 AM

1. Que é?

O chamado editor de texto é un editor de HTML que permite ao usuario (profesorado e estudantes) escribir contido en formato web.

Moitos dos botónsson similares aos que aparecen nos programas de edición de texto.

(HTML significa Linguaxe de Marcas de Hipertexto e é a linguaxe que se emprega para crear páxinas web; é dicir, os arquivos que aceptan os navegadores como Mozilla Firefox ou Google Chrome). Afortunadamente, grazas aos editores de HTML como o de Moodle, non precisamos aprender esa linguaxe de programación para crear páxinas web).

2. Botóns do editor

Moodle dispón dun sinxelo editor que permite ao usuario escribir contido. Moitos dos iconos que aparecen, son similares ao dos procesadores de texto:


A versión completa dispón dos seguintes botóns:


  1. Mostrar/Ocultar todos os botóns
  2. Estilo de letra
  3. Viñetas e numeración
  4. Enlaces
  5. Inserir medio
  6. Máis estilos de letra
  7. Estilo de parágrafo
  8. Sangrías
  9. Inserir ecuacións, caracteres especiais, táboas e limpar formato
  10. Desfacer
  11. Accesibilidade
  12. Editores de fórmulas de matemáticas e de química
  13. Edición de código

3. Crear un enlace

Un enlace (vículo o link) permítenos dirixir cun click do rato a outra páxina web ou a un documento.

Pasos para crear un enlace:

  1. Abrir nunha pestana do navegador e acceder á dirección da web (a súa URL). Seleccionar a URL e copiala. Por exemplo: http://www.edu.xunta.gal

  2. No editor de texto do curso: resaltar o texto (ou a imaxe) que se desexa vincular.

  3. No editor, premer no botón de LINK (a cadea)

  4. Aparece unha ventá. Pegar a URL copiada:

    Activar a opción de "Abrir nunha nova ventá" no caso de que se desexe.
    E "Create link".
Quedará así: Portal de educación.

4. Inserir imaxes

Para inserir imaxes, premer no botón:

Se queremos incluír unha imaxe de internet, basta con arrastrala cara ao editor. Pero neste caso queda vinculado a que a páxina orixinal se manteña (o que non depende de nos).

5. Incrustar vídeos de YouTube ou de outras plataformas

Neste caso hai que ir a YouTube e activar o botón compartir:

Nas opcións, escoller insertar:

E, despois, copiar:

Agora imos ao noso editor e actívase o botón HTML para editar o código web e pegamos (co botón dereito do rato ou con CTRL+V).
Quedaría así:

6. Incrustar un documento de Google Drive

Para mostrar un documento creado con Google Drive, sempre podemos crear un enlace a el.

  1. Abrir o documento en Google Drive.

  2. Arriba á dereita, premer no botón de Compartir.

  3. Permitir que calquera poda ver (ou editar taménse queremos traballar de forma colaborativa) o documento e copiar o enlace.

  4. Pegar o enlace no editor de texto do curso de Moodle.

Pero podemos mellorar a presentación incrustando o documento.

  1. Abrir o documento e ir a Ficheiro > Publicar na web

  2. Premer en Inserir e publicar:

  3. Copiar o texto que aparece. Trátase dun código HTML:

  4. Ir ao curso de Moodle, onde se desexe incrustar o documento de Google Drive. No editor de texto, premer no botón HTML:

  5. Pegar.

Quedará así: