Recursos

Site: Aula Virtual do IES Lamas de Abade
Cours: Xestión avanzada da aprendizaxe con Moodle
Livre: Recursos
Imprimé par: Guest user
Date: mercredi 14 janvier 2026, 09:37

Description

Creando recursos 

A xestión dos recursos.

Podemos subir contidos con múltiples recursos: un ficheiro, un cartafol, unha páxina, un enlace ou un libro son os máis habituais.

Un paquete IMS é un conxunto de ficheiros que se empaquetan como un único arquivo estándar de obxecto de aprendizaxe. Para crealos é necesaria unha ferramenta externa, como ExeLearning. 

Unha alternativa cómoda e máis sinxela son algunhas actividades de H5P que podemos empregar como leccións interactivas. 

Subir arquivos

O máis habitual é subir arquivos textos, presentacións, audios ou imaxes.

Pódese subir un ficheiro único ou un cartafol con varios. Neste caso hai que comprimir como zip.

Subir un Ficheiro ou un Cartafol é tan sinxelo como arrastralo desde o Explorador de arquivos. E, logo, se cambia a configuración (por exemplo, finalización e actividad o una breve descripción).

 

 

Que tipo de ficheiros subir?

O problema de arquivos como .docx, .odt. .pptx, .odp, … é que o os estudantes deben ter instalada a aplicación necesaria e debemos utilizar fontes tipográficas ordinarias. A vantaxe é que alumnado con dificultades de accesibilidade poden adaptar o contido.

De todos os xeitos, é preferible reservar estes formatos de arquivo cando queremos que o alumnado modifique o arquivo, non para subir apuntamentos. Para subir apuntamentos, empregaremos a opción de PDF.

Exemplo: incrustar arquivo PDF.

A opción de incrustar unha presentación
Unha alternativa é publicar en Google Drive ou en Microsoft OneDrive e inserir o código nunha páxina ou nunha etiqueta.
Tamén se pode exportar as diapositivas da presentación como imaxes e subilas como recurso de Galexía de imaxes. 

Libro

O recurso libro é útil para subir unha gran cantidade de información organizada en forma de libro. Componse de varias páxinas combinadas.

Os Libros de Moodle permítenlles aos profesores crear recursos de varias páxinas cun formato parecido a un libro e cunha táboa de contido. Pódense incrustar recursos multimedia e os libros poden imprimirse (ou descargarse nun arquivo PDF) enteiros ou por capítulos.

 

Vantaxes do recurso libro:

  • Permite aos estudantes imprimir todo o libro dunha vez.
  • Teñen alta a ccesibilidad: o estudante pode modificar o tamaño de fonte, …
  • Podémolo crear rapidamente importando un arquivo de Word.

Aplicar estilo de título en Word