Métodos de matriculación do alumnado
| Sitio: | Aula Virtual do IES Lamas de Abade |
| Curso: | Guía de axuda para o profesorado |
| Libro: | Métodos de matriculación do alumnado |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 14 de xaneiro de 2026, 3:09 AM |
Descrición
1. Paso 1: ir a PARTICIPANTES
En primeiro lugar, temos que asegurarnos de que NON hai alumnado matriculado. Para iso, imos a PARTICIPANTES:
E nos aseguramos de que só estamos matriculados nós como profes.
Despois imos a MÉTODOS DE MATRICULACION. Premer na roda dentada de arriba á dereita:
2. Paso 2: escoller método de matriculación
Os métodos de matriculación non son excluíntes: pódense empregar varios:
Para empregar un método, ten que estar activado (co ollo aberto).
Unha vez matriculado ao alumnado, é preferible desactivar o Acceso como convidado. Os convidados non ven todo o que hai nun curso. Se o alumno entra como convidado pode pensar que non ten tarefas que facer.
2.1. Matriculación manual
En MATRICULACION MANUAL hai un botón para MATRICULAR USUARIOS:
Para matricular ao alumnado, poñemos o nome do grupo (ver aquí as claves dos nomes dos grupos) na caixa de busca. Seleccionamos aos nosos alumnos: todos ou só algún. E os engadimos. Convén asegurarse de que lles asignamos o rol de Estudante (é o que sae por defecto).
2.2. Automatriculación
Neste método de automatriculación é alumnado o que se matricula a si mesmo.
Hai que ter o curso aberto a convidados mentres se podan automatricular. Unha vez rematado o proceso, poderemos desactivar o Acceso como convidado.
Haberá que informar ao alumnado sobre como automatricularse. Teñen que ir á roda dentada de arriba á dereita e aparece MATRICULARME NESTE CURSO.
3. Acceso como convidado
4. Como crear grupos co alumnado matriculado
Se temos dous grupos dun mesmo curso (A e B, por exemplo), non é necesario crear (e manter) dous cursos. Basta crear un curso con dous grupos. Ao usar grupos pódelles aparecer recursos diferentes a cada grupo ou en diferentes momentos.
Para crear os grupos, unha vez matriculado ao alumnado, imos a GRUPOS: