Restaurar unha copia de seguridade

1. Restaurar unha copia de seguridade

1.2. Confirmación

Iniciada a restauración o primeiro que aparece é un formulario con información sobre o contido do ficheiro que estamos a restaurar para que confirmemos que realmente é este o ficheiro que queremos restaurar. Temos as seguintes seccións con información:


  • Detalles da copia de seguranza: información sobre tipos e versións.
  • Configuración da copia de seguranza: Que tipo de elementos inclue a copia.
  • Detalles do curso: Nome curto e identificador do curso contido na copia. O identificador non se reproducirá no destino, a non ser que se trate do mesmo curso na mesma aula virtual.
  • Seccións do curso: Veremos as seccións do curso e que contidos hai en cada unha, indicando se incluen ou non os datos de usuario.

No caso de que detectemos un erro e non queramos continuar coa restauración, este formulario non ten un botón de cancelar, pero basta con darlle para atrás ao navegador ou pinchar noutra ruta da aula virtual.

Se é todo correcto e queremos seguir coa restauración pincharemos no botón Continuar.