Restaurar unha copia de seguridade

1. Restaurar unha copia de seguridade

Esta ferramenta serve principalmente para importar un curso doutra aula virtual.

    Só se pode facer unha restauración desde un curso xa creado.
      Como destino da restauración, é dicir, donde se restauran os datos, hai tres opcións:
        O mesmo curso desde o que facemos a restauración.
      • Outro curso existente. Debemos ter permisos de edición nese curso de destino.
      • Un novo curso que se creará durante o proceso de restauración.
      Se o curso orixe da copia de seguridade ten máis temas que o curso de destino sobre o que restauramos, os temas en exceso non aparecerán. Finalizada a restauración debemos editar a configuración do curso de destino e aumentar o número de temas o que sexa necesario, entón aparecerán todos os temas cos seus recursos.