Tarefa

2. Como crear e configurar unha tarefa

2.3. Limitar o tipo de arquivo a entregar

Pódese restrinxir o tipo de arquivo que o alumnado debe entregar na tarefa. Basta con incluír en Tipos de ficheiros aceptados as extensións dos formatos de arquivos informáticos que se desexa solicitar separados por comas se son máis de un: .png, .jpg

(En informática, a extensión dun ficheiro son uns caracteres precedidos por un punto)


No exemplo de arriba, só aceptará entregas en formato PDF. Se un alumno pretende enviar outro tipo de ficheiros, daralle erro. O alumnado verá así a caixa de entrega: