Tarefa
2. Como crear e configurar unha tarefa
2.2. Tipos de entrega
Permite definir como queremos que o alumnado nos envíe a tarefa:
- Entregas de ficheiros: Os estudantes deberán enviar un ou máis arquivos como entrega.
- Texto en liña. O alumnado debe escribir un texto directamente no editor de Moodle para a súa entrega. O editor de texto de Moodle permite non só escribir unha resposta, pódese engadir unha imaxe, un arquivo,... ou gravar audio ou vídeo.
Os tipos de entrega non son excluíntes. Pódense activar os dous. Por exemplo, podo requerir que me envíen un ficheiro e que ademais escriban un texto en liña explicando as dificultades atopadas ou calquera outra información.
Tamén se pode empregar a Tarefa para avaliar unha actividade realizada fora de Moodle (por exemplo, na clase ou en papel). Para iso desmarcaranse as tres opcións de tipo de entrega.