Recursos

Subir arquivos

O máis habitual é subir arquivos textos, presentacións, audios ou imaxes.

Pódese subir un ficheiro único ou un cartafol con varios. Neste caso hai que comprimir como zip.

Subir un Ficheiro ou un Cartafol é tan sinxelo como arrastralo desde o Explorador de arquivos. E, logo, se cambia a configuración (por exemplo, finalización e actividad o una breve descripción).

 

 

Que tipo de ficheiros subir?

O problema de arquivos como .docx, .odt. .pptx, .odp, … é que o os estudantes deben ter instalada a aplicación necesaria e debemos utilizar fontes tipográficas ordinarias. A vantaxe é que alumnado con dificultades de accesibilidade poden adaptar o contido.

De todos os xeitos, é preferible reservar estes formatos de arquivo cando queremos que o alumnado modifique o arquivo, non para subir apuntamentos. Para subir apuntamentos, empregaremos a opción de PDF.

Exemplo: incrustar arquivo PDF.

A opción de incrustar unha presentación
Unha alternativa é publicar en Google Drive ou en Microsoft OneDrive e inserir o código nunha páxina ou nunha etiqueta.
Tamén se pode exportar as diapositivas da presentación como imaxes e subilas como recurso de Galexía de imaxes.