Posibilidades de configuración e deseño do curso

O deseño visual do curso: estética e accesibilidade

Algúns consellos:

1 Facer un deseño limpo e sinxelo, sen sobrecargas. Menos é máis: é preferible manter un equilibrio visual. As cores e os elementos gráficos deben servir para destacar o importante.
2
Consistencia na estética: usar o mesmo estilo e cores para títulos, seccións e iconos en todo o curso.
3

Podemos usar as cores para reforzar a estrutura, pero a paleta de cores debe ser harmoniosa e de contraste adecuado: debemos asegurarnos de que o texto teña bo contraste co fondo (sexa ou non unha imaxe), facilitando a lectura mesmo para persoas con dificultades visuais.

Código de cores htmlhttps://htmlcolorcodes.com/es/

Accesibilidade de cores contrastadas. https://webaim.org/resources/contrastchecker/?fcolor=FFFFFF&bcolor=000000

4 Usar etiquetas para dividir as seccións ou para destacar información importante. 

5

Os elementos gráficos e multimedia deben enriquecer o contido, pero non distraer.
Empregar imaxes e vídeos relevantes que complementen o contido e que sexan claros. Os vídeos deben ser breves (sexamos realistas).
Optimización: As imaxes deben ter un tamaño adecuado para que carguen rapidamente sen perder calidade.
Infografías: gráficos e esquemas visuais para resumir información complexa de maneira sinxela.
Engadir descricións en imaxes e esquemas por motivos de accesibilidade para usuarios con discapacidades visuais.

Atribucións de autor.

Selector de ficheiros: cambiar autor

Poderíamos engadir elementos multimedia como infografías e vídeos no recurso Libro dos  apuntamentos, ou crear un Libro de información complementaria. Incluso se poderían clasificar en niveis (inicial, medio e avanzado, por exemplo) utilizando restricións de acceso e seguimento de completado.